

Fórmate e avanza na túa carreira profesional
Cursos gratuítos para persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia
A Consellería de Promoción do Emprego e Igualdade e a Federación Galega de Comercio (FGC) poñen en marcha un convenio de colaboración para a realización de accións formativas para persoas traballadoras, autónomas e desempregadas de Galicia.
O obxectivo principal desta formación gratuíta, é impulsar as aspiracións de promoción profesional do conxunto de galegos e galegas, mellorando as súas competencias e habilidades para dar resposta ás necesidades actuais do mercado laboral. Que vas conseguir?
- Completar a túa formación gratis nunha materia concreta.
- Adaptarte a transformación dixital incorporando e promovendo o uso das novas tecnoloxías.
- Aumentar a satisfacción e a motivación para asumir novas responsabilidades ou funcións dentro da empresa.
Consulta a continuación a oferta de cursos dispoñibles e solicita a túa praza nun clic!
Formación en liña. Elixe o teu curso!
Atención ó cliente e calidade do servizo (30 horas)
Ciberseguridade (50 horas)
Contabilidade (50 horas)
Habilidades comerciais (60 horas)
Ofimática: aplicacións informáticas de xestión (50 horas)
Posicionamento web SEO/SEM (60 horas)
Tenda virtual: prestashop (60 horas)
Wordpress (30 horas)
Xestión e control de compras e stock en almacén (30 horas)
Xestión sostible dos residuos (50 horas)
✔ Todo son vantaxes. Fórmate en liña!
Estes cursos dirixidos a traballadores/as, autónomos/as e desempregados/as de Galicia, impártense en modalidade en liña, polo que necesitarás un computador e conexión fluída a internet. En qué consiste esta modalidade?
- Aprendizaxe a través do noso Campus Virtual.
- Sen horarios nin desprazamentos. Conéctate en calquera momento do día!
- Contarás co apoio dun titor persoal para resolver todas as dúbidas e consultas.
Esta formación está 100% subvencionada pola Xunta de Galicia e o Ministerio de Educación e Formación Profesional, o que significa que non consome créditos de formación e que non che custará nin un euro.
Unha vez finalizada a formación, obterás un diploma que certifica o correcto aproveitamento do curso.
Solicita a túa praza!
Formación 100% subvencionada por:




